ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios



20.10.2020 Día Mundial da Estatística. Voces da Estatística e a Investigación de Operacións
![]() |
Hoxe día 20.10.2020 celébrase o día mundial da estatística e desde a SGAPEIO queremos sumarnos ás iniciativas que se están a levar a cabo para conmemoralo, por iso elaboramos un boletín de entrevistas cortas como mostra das voces da estatística en Galicia. Aproveitamos esta publicación para coñecer un pouco máis destas voces (unha pequena descrición do seu traballo) que responderon ás seguintes cuestións:
|
20 Octubre 2020 Día Mundial da Estatística
The third World Statistics Day will be celebrated around the globe on 20 October 2020 with the theme “Connecting the world with data we can trust”. This theme reflects on the importance of trust, authoritative data, innovation and the public good in national statistical systems.
More information
O terceiro Día Mundial da Estatística celebrarase en todo o mundo o 20 de outubro de 2020 co tema "Conectar o mundo con datos nos que podamos confiar". Este tema reflexiona sobre a importancia da confianza, os datos fidedignos, a innovación e o ben público nos sistemas estatísticos nacionais.
O 20.10.2020 a SGAPEIO celebrará o día Mundial da Estatística!
Fallo xurado Premios de Estatística SEIO - Fundación BBVA 2020
O traballo “GOODNESS-OF-FIT TESTS FOR THE FUNCTIONAL LINEAR MODEL BASED ON RANDOMLY PROJECTED EMPIRICAL PROCESSES” de Wenceslao González-Manteiga (Universidade de Santiago de Compostela e socio da SGAPEIO), xunto con Juan A. Cuesta-Albertos (Universidad de Cantabria), Eduardo García-Portugués (Universidad Carlos III de Madrid e socio da SGAPEIO) e Manuel Febrero-Bande (Universidade de Santiago de Compostela e socio da SGAPEIO), presentado aos Premios Sociedad de Estadística e Investigación Operativa - Fundación BBVA foi premiado co Premio na modalidade de Mellor contribución metodolóxica no campo da Estatística, ratificado o día 28 no Consello Executivo da SEIO.
O traballo “ASSESSING THERMAL COMFORT AND ENERGY EFFICIENCY IN BUILDINGS BY STATISTICAL QUALITY CONTROL FOR AUTOCORRELATED DATA” de Inés Barbeito (Universidade da Coruña), Sonia Zaragoza (Universidade da Coruña), Javier Tarrío-Saavedra (Universidade da Coruña, socio da SGAPEIO, vicepresidente de Estatística da SGAPEIO) e Salvador Naya (Universidade da Coruña, socio da SGAPEIO e ex-vicepresidente de Estatística da SGAPEIO), presentado aos Premios Sociedad de Estadística e Investigación Operativa - Fundación BBVA foi premiado co Mellor contribución aplicada cun impacto no ámbito social, a innovación ou a transferencia do coñecemento no campo da Estatística, ratificado o día 28 no Consello Executivo da SEIO.
Os gañadores da décima ed. do concuso se reúnen cos membros do xurado
Hoxe día 17 de xullo do 2020 os gañadores da décima edición do concurso se reúniron na facultade de Matemáticas cos membros do xurado para recibir os seus parabéns e os agasallos.
Os gañadores da décima edición do concurso “Incubadora de Sondaxes e Experimentos” que convoca a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa na categoría de 1º e 2º de ESO son alumnos do IES Pontepedriña (Santiago de Compostela); na categoría de 3º e 4º de ESO e FP Básica alumnos do IES Cacheiras (Teo); e na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio unha alumna do IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela). A entrega de premios tivo lugar o día 17 de xullo ás 10.00 horas na Facultade compostelá de Matemáticas, e agárdase se é posible ter un acto formal durante o outono.
Foto: os gañadores, os seus titores, pais/nais, membros do xurado e da organización e a decana da Facultade de Matemáticas.
O xurado do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos estivo composto por:
Presidenta: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey. SGAPEIO
Foto: Membros do xurado: de esqueda a dereita Javier Tarrío, Laura Calaza, Indalecio Cabana, Raúl Jácome e Balbina Casas.
O xurado quixo destacar a calidade de todos os traballos presentados e recoñecer o esforzo realizado por todo o alumnado e o profesorado en desenvolver estes proxectos nunha situación de emerxencia sanitaria como a que vivimos neste 2020.
Dende a organización do concurso se agarda poder celebrar un acto similar ao dos anos anteriores no outono na medida do posible.