SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Rosa Crujeiras, Medalla de Investigación da RAGC
  • Roscón con Sorpresa
  • Número 73 de INFORMEST
  • Galicia logra un premio no II Concurso Nacional AVATAR 2026
  • Novas da SGAPEIO, 21 de xullo de 2026

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?
  1. Inicio
  2. PUBLICACIÓNS
  3. Boletín INFORMEST
  4. Uncategorised

Consello Executivo 2025-2029

Detalles
Categoría: Uncategorised
Nome Cargo
D. Juan José Vidal Puga Presidente
Dª. Marta Sestelo Pérez Vicepresidenta de estatística
Dª. Laura Davila Pena Vicepresidenta de investigación de operacións
Dª. Leticia Lorenzo Picado Secretaria Xeral
Dª. Paula Blanco Mosquera Vogal
Dª. María Esther Calvo Ocampo Vogal
Dª. María Erika Francesch Domenech Vogal
D. Fabio José González Eiras  Vogal
Dª. Ana López Cheda Vogal
D. Manuel Oviedo de la Fuente Vogal

Libro XV INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS

Detalles
Categoría: Uncategorised
 

XV INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
TRABALLOS PREMIADOS NO ANO 2024
ISBN: 978-84-09-67350-6

 

O presente libro recolle todos os traballos premiados, finalistas con mención e os finalistas con mención especiais presentados ao XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

Eleccións ao Consello Executivo da SGAPEIO

Detalles
Categoría: Uncategorised

O actual Consello Executivo da SGAPEIO, que se constituíu en Asemblea Xeral celebrada en Santiago de Compostela o 4 de novembro de 2021, cumpre proximamente 4 anos, que é o período máximo de mandato establecido nos estatutos da Sociedade. En cumprimento destes estatutos, a SGAPEIO convoca eleccións para a renovación do Consello Executivo a celebrar na vindeira Asemblea Xeral da Sociedade, que terá lugar en Ourense no marco do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. Por esta razón, a SGAPEIO abre un prazo para a presentación de candidaturas ao Consello Executivo dende o 12 ata o 21 de setembro de 2025, ámbolos dous incluídos.

As persoas interesadas deberán enviar unha mensaxe, ou o modelo que se pode descargar na seguinte ligazón, á SGAPEIO (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) no prazo establecido indicando o seu nome, DNI, e a súa intención de presentarse como candidato ás eleccións do Consello Executivo.

Número 70 de INFORMEST

Detalles
Categoría: Uncategorised

 

INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Xullo de 2025. Número 70


Colaboración

Entrevista

Actividades da SGAPEIO

Novas do IGE

Traballos de Estatística e IO

Coñecéndonos

Sabias que?

FASE NACIONAL | XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Detalles
Categoría: Uncategorised

Do 25 ao 27 de xuño, os gañadores da fase autonómica do XV Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos viaxaron a Logroño para defender os seus traballos na fase nacional.

Foto de familia

Presentáronse os traballos premiados na fase nacional:

  • 1º e 2º da ESO: “Contade con nóAnxo Amigo González, Martiño Amigo González, Juan Ferreirós Estévez, Brais Suárez Varela. Titorizado por Trinidad Pazos Celis e Ana María Rodríguez Sánchez. IES de Cacheiras.
  • 3º e 4º da ESO: "Oncovida. Números que contan historias” de Alba Lorenzo Garcia. Titorizado por María Teresa Rey Rey. Aula Hospitalaria CHUS. Santiago de Compostela.
  • Bacharelato e ciclos formativos: "El lado oscuro de la miel" de Laura González Álvarez, Samuel González Álvarez, Pablo Ramos Costa, Samuel Sánchez Cruz. Titorizado por María del Pilar Fernández Corbal. CPR. Divina Pastora Franciscanas. Ourense.

Finalmente o traballo “Contade con nós” gañou un dos dous premios ex aequo na categoría de 1º e 2º da ESO. "El lado oscuro de la miel" gañou un dos dous premios ex aequo na categoría de 3º e 4º da ESO. "OncoVida. Números que contan historias" acadou unha mención de honor na categoría de Bacherelato e ciclos formativos.

Parabéns a todas e a todos polo voso fantástico traballo!

Autores e titora do traballo "Contade con nós"
Autores e titora do traballo "El lado oscuro de la miel"
Autora e titora do traballo "OncoVida. Números que contan historias"
Foto dos premiados e a mención
  1. Estatística no xantar
  2. Número 69 de INFORMEST
  3. XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos - Aberto prazo de Inscrición
  4. Convocatorias para contratos de investigación da Agencia Estatal de Investigación

Páxina 2 de 11

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.