A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Participantes:
Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2019-2020) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO.
- Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Plantilla para o informe (non é obrigatorio empregala).
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: dende o 01 de abril ata o 15 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020.
- Entrega dos traballos finalizados: dende o 16 ata o 30 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020.
- Do 26 ao 29 de maio de 2020 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios. As datas nas que se coñecerán os traballos finalistas e a data de resolución do concurso fixaranse se é posible en maio
Vídeo promocional
Formulario de inscrición (aberto durante o mes de maio do 2020).
XURADO | TRABALLOS GAÑADORES| FINALISTAS | MENCIÓNS ESPECIAIS| ACTA |
O xurado do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos estivo composto por:
Presidenta: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey. SGAPEIO
Secretario: Javier Tarrío Saavedra. SGAPEIO
Vocais:
- Indalecio Cabana Leira. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
- Balbina V. Casas Méndez. Universidade de Santiago de Compostela - Representante do Instituto de Matemáticas USC
- Laura Calaza Díaz. CFR Lugo- Sección Burela
- Raúl Jácome Rodríguez. Instituto Galego de Estatística
1º e 2º da ESO:
- Centro: IES Pontepedriña (Santiago de Compostela).
- Titora: Concepción Sieiro Verdura.
- Alumnos: Aldán Mosquera Trilla, Daniel Iglesias López, Hugo Vidal Pérez, Valentín Giovanni Ferotti e Xián Paredes Diéguez.
3º e 4º da ESO e FP Básica:
- Centro: IES Cacheiras (Teo).
- Titoras: Trinidad Pazos Celis e Olga Simón Cruz.
- Alumnas: Laura Alonso Simón, Sara Castelo Paredes e Alejandra Guimeráns Guillén.
Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:
- Centro: IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela).
- Titoras: Mª Pilar Figueroa Vázquez e Ana María Alonso Rodríguez.
- Alumna: Uxía Noya García.
1º e 2º da ESO:
- Centro: IES Agra do Orzán (A Coruña).
- Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
- Alumnos: Andrea G. Ugarte Cervantes, Sabela Fiaño García, Nacho Canosa Gómez e Pablo Araújo Rodríguez.
- Centro: IES Mestre Landín (Marín).
- Titor: Santiago Covelo Bugalo.
- Alumnos: Martín Cadilla Santaclara, Nadia de la Fuente Pintos, Pedro García Argibay e Santiago Rodrigo Otero López.
- Centro: IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
- Titoras: Susana Iglesias Rey e Ana Mariña Vila Iglesias.
- Alumnas: Alba García Prado, Antía Rodríguez Hermida e Xiana Viñas López.
3º e 4º da ESO e FP Básica:
- Centro: CPR Plurilingüe San José (Pontedeume).
- Titora: Lucía Penas Vázquez.
- Alumnos: Antón Cao Herva, Sergio Rodríguez López, Clara Zapatero López, Paula Novo Fonte, Sabela Yang del Río Blanco.
1º e 2º da ESO:
- Título: BOOM ACADÉMICO!.
- Centro: IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
- Titoras: Susana Iglesias Rey e Ana Mariña Vila Iglesias.
- Alumnas: Dafne Castro, Clara Fontán Andrea León e Adriana Quintas.
- Título: APLICACIÓN DE LA ESTADÍSTICA A LOS CIENTÍFICOS DADOS EN SECUNDARIA.
- Centro: IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
- Titoras: Susana Iglesias Rey e Ana Mariña Vila Iglesias.
- Alumnas: Ariadna Lorenzo Hortas, Marina Sáenz-Díez Moxica, Chon Sáenz-Díez Moxica e Nerea Silva Rodríguez.
- Título: RÉCORD EN LA HISTORIA.
- Centro: IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
- Titoras: Susana Iglesias Rey e Ana Mariña Vila Iglesias.
- Alumnas: Natalia Vale Fernández, Aroa Vázquez Pérez 3 Paola Rodríguez Barreiro.
- Título: LAS REDES SOCIALES ESTÁN AFECTANDO, ¿QUÉ OPINAS TÚ?.
- Centro: IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
- Titoras: Susana Iglesias Rey e Ana Mariña Vila Iglesias.
- Alumnas: Inés Yugueros e Jana Domínguez.
Colaboradores principais
Coladoradores